Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de julio de 2024

O Atlantic Pride comeza este domingo con oito xornadas con numerosas figuras musicais nacionais e internacionais

Chanel, Nebulossa, Vengaboys, Shego, Las Ketchup ou Mondra forman parte dun cartel que repartirá as súas actuacións entre a Fundación Luís Seoane, a praza de Pontevedra e os xardíns de Méndez Núñez

Este domingo, día 7 de xullo, comeza o Atlantic Pride 2024, un evento promovido polo Concello da Coruña en colaboración coa Asociación Orgullo Coruña que propón oito xornadas de música e celebración ao redor da diversidade sexo-afectiva e de identidade, na que promete ser, un ano máis, unha das citas imprescindibles do verán coruñés e do noroeste peninsular. Baixo o lema do 'Orgullo do Norte', artistas da talla de Chanel, Nebulossa, Vengaboys, Shego, Las Ketchup ou Mondra actuarán durante os vindeiros días de maneira totalmente gratuíta.

O Goberno de Inés Rey leva colaborando na organización deste evento desde as súas orixes, promovendo o seu crecemento e a súa expansión ano a ano, formando parte xa por méritos propios da programación cultural de verán da cidade. Atlantic Pride converteuse nos últimos anos nun auténtico referente musical do Orgullo a nivel nacional, e complementa a programación municipal do Orgullo Coruñés, que está tendo lugar estas semanas en diferentes espazos da cidade.

Ademais, este festival conta con actividades paralelas como o certame de literatura LGTBIQ+, que conta con 1.000 euros en premios e que promove tamén o Concello. Como novidade, este ano nacen as Afterparties do Atlantic Pride, para que o público poida continuar a festa en salas seleccionadas da cidade unha vez rematados os concertos ao aire libre do festival.

O cartel coa programación completa, por días e horarios, pode descargarse no arquivo adxunto a esta nova.

Documentos:

Programación completa, por días e horarios, do Atlantic Pride 2024 (714 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión