11 de octubre de 2024
Os establecementos poderán adherirse ata o 31 de outubro na web do concurso na que haberá un formulario de inscrición
O XX Concurso de Tapas Picadillo celebrará unha nova edición do 22 de novembro ao 1 de decembro
O certame de tapas máis antigo de Galicia, o Concurso de Tapas Picadillo, regresa á cidade na súa XX edición, que se celebrará desde o día 22 de novembro ata o 1 de decembro. Ademais, esta edición coincide co 150 aniversario de nacemento de Manuel María Puga e Parga 'Picadillo', escritor, gastrónomo e político que dá nome ao certame.
O Goberno de Inés Rey continúa impulsando este certame co obxectivo de incentivar o sector hostaleiro con novidades atractivas para os clientes e clientas. O prazo de inscrición neste concurso xa está aberto. Os establecementos interesados en participar poderán inscribirse ata o 31 de outubro a través do formulario da páxina web www.tapaspicadillo.es.
Haberá dúas categorías: Tapa Creativa e Tapa Recetario Picadillo. A primeira deberá empregar técnicas e presentación innovadoras, mentres que a segunta estará baseada no recetario 'La cocina práctica' de Picadillo. O prezo das tapas será de entre 2 e 4 euros.
Nesta vixésima cita, o Concurso de Tapas Picadillo contará cos seguintes premios: Mellor Tapa Creativa, Mellor Tapa Receitario Picadillo e Mellor Tapa por Votación Popular. Todas as tapas deberán ser orixinais, elaborados de maneira artesanal, con produtos de quilómetro cero ou galegos.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible