Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de septiembre de 2024

As proxeccións irán acompañadas de coloquios abertos á participación do público, baixo a coordinación do programador cultural Javier Trigales

O ciclo de cinema ‘Os ollos abertos’ volve mañá ao Fórum Metropolitano, convidando á reflexión social a través da ollada de figuras como o británico Ken Loach

O Concello colabora coa oenegué Aire na organización da programación, que inclúe catro proxeccións, con entrada de balde. Terán lugar entre este luns 16 e o vindeiro xoves 19 de setembro

O ciclo de cinema 'Os ollos abertos', que cumpre este ano a súa sexta edición, volve a vindeira semana ao Fórum Metropolitano. Será entre este luns 16 e o vindeiro xoves 19, cunha programación de catro días con proxeccións abertas ao público, que convidarán unha vez máis á reflexión social no referente ás migracións.

O Concello colabora coa oenegué Aire na organización do ciclo, ideado para sensibilizar e achegar a cidadanía, a través da sétima arte, a cuestións como o voluntariado e as sociedades de acollida, entre moitas outras. Neste sentido, a programación inclúe catro sesións de proxección, que irán acompañadas de coloquios, nos que o programador cultural Javier Trigales conversará con especialistas na materia.

A semana de longametraxes arrancará mañá, luns 16, con La voluntaria (2022), dirixida por Nely Reguera, na que Silvia Gajino e Teresa Mendi, presidenta e coordinadora da oenegué Aire, respectivamente, serán as convidadas da sesión. Xa o martes 17 proxectarase El salto (2024), do reputado cineasta Benito Zambrano, gañador de premios Goya. A activista Arantxa Vicens participará no coloquio posterior.

O mércores 18 proxectarase Entre valles (2021), do cineasta romanés Radu Muntean. Diego Álvarez, cooperante e activista en dereitos humanos, e Lorena Marrozos, coordinadora da oenegué Por qué no? serán os protagonistas da charla con Javier Trigales.

A programación rematará coa proxección de El viejo roble (2023), obra dunha figura do cinema internacional, o británico Ken Loach. A longametraxe, nominada o ano pasado aos premios BAFTA e tamén á Palma de Ouro no festival de Cannes, contará cun coloquio a cargo de Leticia Santaballa, investigadora sobre a acollida de persoas migrantes.

Todas as proxeccións terán lugar ás 19.00 horas no Fórum Metropolitano.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión