Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de decembro de 2024

O Ciclo Principal de Primavera do Teatro Rosalía de Castro contará no 2025 con 13 obras e unha estrea absoluta

A partir do luns 16 poderanse renovar os abonos e as entradas para público xeral sairán á venda o 9 de xaneiro

O Teatro Rosalía de Castro presenta estes días a súa programación teatral para o primeiro semestre do 2025, o Ciclo Principal de Primavera. Durante os vindeiros meses representaranse un total de 13 obras, entre as que haberá unha estrea absoluta e varias producións de relevancia nacional.

"O Goberno de Inés Rey sabe do potencial do Teatro Rosalía de Castro, un recinto referente a nivel nacional que seguirá acollendo as mellores representacións teatrais galegas e estatais, afianzando á Coruña como o gran referente cultural que é", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. O edil tamén celebrou que o teatro público municipal acadase neste 2024 o récord histórico de abonos na temporada de Primavera.

Nesta nova tempada destacan obras producidas polo Centro Dramático Nacional, como é o caso de '1936' ou 'Forever'. Tamén se representará por primeira vez 'Reconversión', de Santiago Cortegoso, pondo de manifesto o apoio do Concello á creación de Galicia. "A programación deste ciclo ten un sentido propio para que todos os públicos poidan gozar de obras moi diferentes entre si pero dunha calidade incuestionable", sinalou Gonzalo Castro. O broche de ouro porao a obra 'La colección', que está protagonizada polo veterano e reputado actor José Sacristán.

Este luns 16 de decembro abrirase o prazo para que as persoas abonadas renoven o seu pase con vistas ao Ciclo Principal de Primavera 2025. Estará habilitado ata o 2 de xaneiro. O día 3 quedará reservado especificamente para cambios de abono. O prazo de altas correspondente a novas persoas abonadas abrirase do 4 ao 7 de xaneiro, e será a partir do 9 de xaneiro ás 11.00 horas cando se activará a venda de entradas soltas.

Toda a información sobre os prezos dos abonos e as condicións xerais de cara á nova tempada do Ciclo poden consultarse na páxina web do Concello. O Ciclo Principal de Primavera está organizado polo Concello da Coruña e conta co apoio da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Programación do Ciclo Principal de Primavera 2025

  • 17 e 18 de xaneiro, 'La Regenta' de Leopoldo Alas Clarín. Adaptación de Eduardo Galán, dirección de Helena Pimenta. Producción de Secuencia 3 e Fernán Gomez.
  • 24 de xaneiro, 'As formas do amor' de  María Ángeles Iglesias. Coprodución de Verdeveras expresións artísticas e Centro Dramático Galego.
  • 31 de xaneiro e 1 de febreiro, 'Burro. Monólogo basado en textos clásicos sobre asnos', versión de Álvaro Tato. Dirixido por Yayo Cáceres. Produción de Ay Teatro.
  • 7 e 8 de febreiro, 'Reconversión', con texto e dirección Santiago Cortegoso. Produción de Ibuprofeno Teatro. Estrea absoluta.
  • 21 e 22 de febreiro, 'Forever', de Iñaki Rikarte, José Dault, Garbiñe Insausti e Edu Cárcamo, con dirección de Iñaki Rikarte. Coprodución de Kulunka Teatro col Centro Dramático Nacional, Teatro Arriaga de Bilbao e oTeatro VIctoria Eugenia de Donosti.
  • 7 e 8 de marzo, 'Carmen, nada de nadie' de Francisco M. Tallón e Miguel Pérez García e dirección de Fernando Soto. Produción de Teatro Español e Tablas y Más Tablas. Programación especial do Día da Muller.
  • 15 de marzo, 'Entrañas' con texto, dirección e produción de El Patio Teatro.
  • 21 e 22 de marzo, 'Un deus salvaxe', de Yasmina Reza con dirección e adaptación de Artur Trillo. Producido por Talía Teatro
  • 28 e 29 de marzo, '1936' de Albert Boronat, Juan Cavestany, Andrés Lima e Juan Mayorga. Dirección Andrés Lima. Produción do Centro Dramático Nacional, Check in Producciones e El Terrat coa colaboración de Asuntos Culturales, Teatre L`Artesà y Teatro de La Abadía. Debido á duración do espectáculo (4 horas con 2 descansos) as función comezarán ás 20 h.
  • 11 e 12 de abril, 'Casting Lear', de Andrea Jiménez con dirección de Andrea Jiménez e Úrsula Martínez. Produción de Barco Pirata, teatro de La Abadía e Andrea Jiménez.  
  • 03 de maio, 'Manuela Rey is in da house' de Manuela Rey, Xaquín Núñez Sabarís, Ernesto Marecos, Sousa Bastos, Almeida Garret, Eduardo Augusto Vidal, Paula Ballesteros, Mariana Carballal, Neto Portela, Nuno J. Loureiro, Rafaela Sá, Raquel Crespo, Teresa Vieira e Xosé Lois Romero. Dramaturxia e dirección Fran Núñez. Coprodución do Centro Dramático Galego, Teatro do Noroeste/Centro Dramático de Viana, Teatro Nacional de São João, Teatro Nacional D. Maria II, coa colaboración do INCIPIT-CSIC, o FITEI do Porto e o  Festival de Teatro de Almada.
  • 23 e 24 de maio, 'As desterradas', de Carme Varela con dirección Quico Cadaval. Producións Teatrais Excéntricas
  • 13 e 14  de xuño, 'La colección', con dramaturxia e direccón de Juan Mayorga. Co-produción de LAZONA e Teatro de la Abadía. O protagonista é incógnita en cada función, cun actor distinto invitado.

Documentos:

Programa completo do Ciclo Principal de Primavera 2025 (568 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión