Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

18 de marzo de 2025

O Concello abre o prazo para solicitar as bolsas comedor do curso 2025/2026

O Concello da Coruña convoca as bolsas comedor para o curso escolar 2025/2026, que teñen como finalidade garantirlles o acceso ao comedor escolar ás familias con menores recursos.

O Concello abre o prazo para solicitar as bolsas comedor destinadas ao alumnado matriculado nos centros educativos municipais durante o vindeiro curso escolar.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o día 18 de marzo ata o 4 de abril de 2025. Os impresos están dispoñibles nos rexistros municipais, nos centros cívicos e na sede electrónica municipal. As solicitudes deberán presentarse a nome da persoa beneficiaria (alumna ou alumno), asinará a solicitude a persoa representante legal en caso de que sexa menor de idade.

  • Entre os principais requisitos atópanse:
  • Dispor de DNI, NIE ou número de identificación fiscal (NIF) válido antes de rematar o prazo de emenda.
  • Estar empadroado/a ou no Concello da Coruña.
  • Ter formalizada a matrícula ou solicitude de matrícula nun centro educativo do termo municipal.
  • Dispoñer dunha praza na modalidade presencial e asistencia continuada durante todo o período lectivo, de setembro de 2025 a xuño de 2026.

O Concello destina un crédito total de 2.253.000 euros para esta convocatoria, co obxectivo de atender o maior número posible de solicitudes e contribuír á conciliación das familias coruñesas. A alcaldesa, Inés Rey, lembrou que é a maior cifra orzamentada polo Concello para esas bolsas, deseñadas co fin de axudar a todas aquelas familias que o precisan. Rey lembrou tamén que noutros puntos do país son as comunidades autónomas as que sufragan ditas bolsas, "mais ante a ausencia da Xunta, o Concello asume unha vez máis unha competencia impropia para respaldar a quen máis o precisa", dixo.

Todos os listaxes relacionados coa convocatoria publicaranse utilizando o código do expediente individual asignado a cada solicitude. Ademais, facilitarase unha lista identificadora das solicitudes presentadas con cada publicación realizada ata a resolución definitiva.

Para máis información pódese consultar a web municipal na seguinte ligazón: https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/prestaciones/detalle-prestaciones-sociales/becas-de-comedor-ayudas-economicas-para-para-comedores-escolares/contenido/1370999749815

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible