Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xuño de 2024

O Concello achega 30.000 euros á Fundación Monte do Gozo para axudar no tratamento das adiccións

A fundación promove as actividades que realiza Proxecto Home para a loita contra as drogodependencias

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou no palacio de María Pita coa Directora-Presidenta de Proxecto Home Galicia, Ofelia Debén Rodríguez, o convenio polo que o Concello renova o seu compromiso con esta entidade que traballa pola rehabilitación e a inserción social das persoas con drogodependencia.

O convenio, destinado ao tratamento destas persoas, ten un importe de 30.000 euros. "Con convenios coma o que mantemos desde hai moito tempo con entidades como a Fundación Monte do Gozo, o Concello contribúe á loita contra as adiccións no ámbito das súas competencias, que son as da prevención e o apoio ás persoas que queren superar a súa situación", sinalou Inés Rey.

Neste ano 2024, O Concello, a través da Concellaría de Benestar Social mantén convenios nominativos por máis de tres millóns de euros con entidades que traballan pola inclusión, a loita contra as adiccións, os maiores, a infancia, a discapacidade e a defensa dos dereitos e o benestar de persoas enfermas e os seus familiares.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión