28 de julio de 2024
A alcaldesa e directora territorial da Fundación rubricaron o convenio para o desenvolvemento do programa de inserción sociolaboral, cunha contribución municipal de 30.000 euros
O Concello da Coruña e a Fundación Juan Soñador colaboran un ano máis no desenvolvemento de proxectos de apoio a persoas migrantes a través de dous convenios de colaboración que ascenden a 48.000 euros entre ambas iniciaivas. A alcaldesa, Inés Rey, e a directora territorial en Galicia da Fundación Juan Soñador, Eloina Ingerto, puxeron en valor a importancia da colaboración público-privada en materia social.
Rey e Ingerto rubricaron o texto de convenio polo que o Concello achegará un total de 30.000 euros para o desenvolvemento do programa de inserción sociolaboral dirixido a persoas migrantes en situación vulnerable. O proxecto consiste na oferta de itinerarios prelaborais de inserción para conseguir que as persoas migrantes con especial vulnerabilidade sociolaboral adquiran competencias sociais, formativas e persoais que lles axuden a iniciar un proceso de mellora de cara a súa empregabilidade. A alcaldesa, destacou a formación transversal en materia de dereitos e deberes cidadáns así como de reforzo da autoestima e potenciamento das redes de apoio, como impulso á inserción social e a unha maior empregabilidade.
De xeito paralelo, a Fundación Juan Soñador puxo en marcha o proxecto Círculos de Mulleres Malaikas para o apoderamento feminino das mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade. O Concello colabora co proxecto achegando un total de 18.000 euros para o desenvolvemento da súa actividade.
Neste ano 2024, o Goberno de Inés Rey recolle nos Orzamentos Municipais preto dun cento de convenios nominativos con entidades sociais para o apoio da actividade do terceiro sector da Coruña, por un importe superior aos tres millóns de euros.
25 de noviembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible