Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de julio de 2024

O Concello achega máis de 90.000 euros ao Circo de Artesáns para a organización de actividades na sede da entidade

A alcaldesa lembrou que o ano pasado o Concello abriu unha nova sala de estudos no Centro Cívico de Artesáns

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o presidente do Circo de Artesáns, Roberto Parga, asinaron no Palacio de María Pita o convenio nominativo polo que o Concello renova o apoio ao financiamento dos gastos da entidade social e cultural.

En total, a Administración Local achegaralle á Asociación Recreativa de Artesanos un total de 91.000 euros neste ano 2024, o que permitirá a posta en marcha de actividades na sede da entidade na rúa San Andrés. Rey puxo en valor o traballo do Circo de Artesáns, con máis de 177 anos de historia: "É un orgullo contar cunha entidade con tanta historia, símbolo e emblema cultural e de progreso".

A alcaldesa lembrou que, ademais do convenio para o financiamento, o ano pasado o Concello abriu unha nova sala de estudos no Centro Cívico de Artesáns, operativa de luns a domingo en horario de mañá e tarde. Un recinto de 237 metros cadrados para incrementar os espazos dispoñibles para o estudantado na cidade.

Neste ano 2024, o Concello mantén convenios nominativos por máis de 3,7 millóns de euros con entidades que traballan pola inclusión, o benestar social, a igualdade e a atención de colectivos vulnerables.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión