Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de julio de 2024

O Concello achegará 150.000 euros á Fundación EMALCSA para o desenvolvemento da súa actividade

A subvención municipal permitirá á entidade asumir os gastos ordinarios da Fundación, con proxectos de inclusión e benestar social

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou co director-xerente da Fundación EMALCSA, Manuel Aguilar, o convenio de colaboración polo que o Concello achegará un total de 150.000 euros á entidade para o desenvolvemento da súa actividade no 2024.

O obxecto do convenio é sufragar os gastos ordinarios da Fundación, tales como persoal, adquisición de medios e materiais, seguros ou alugueres de equipos, maquinarias e/ou inmobles vinculados directamente á actividade subvencionada. Tamén gastos correntes necesarios para o desenvolvemento da actividade ordinaria como cartelería, dípticos ou outros servizos profesionais.

A alcaldesa puxo en valor o traballo desenvolto pola entidade en materia de igualdade, inclusión e benestar social. Destacou as convocatorias de Cultura e Deporte inclusivo, dando apoio aos clubs e entidades culturais da cidade, así como a posta en marcha do programa Coruña Acompaña.

A Fundación EMALCSA traballa na promoción da igualdade de oportunidades, especialmente nas persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade. Tamén traballa na promoción do deporte de base como transmisor de valores e hábitos saudables así como na promoción de proxectos de cooperación e desenvolvemento económico. Dende a súa constitución no 2012, a Fundación Emalcsa levou a cabo preto de 500 proxectos e actividades dos que se beneficiaron máis de medio millón de persoas.

Neste ano 2024, o Goberno de Inés Rey recolle nos Orzamentos Municipais preto dun cento de convenios nominativos con entidades por un importe superior aos tres millóns de euros.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión