Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de agosto de 2024

O Concello achegará 70.000 euros á Asociación Provivienda para axudar a persoas sen fogar

A través do proxecto de ‘Housing First’ promóvese un parque de 12 vivendas que dará cobertura a un total de 20 persoas este ano

O Concello da Coruña sigue traballando para mellorar o acceso á vivenda de persoas en situación vulnerable. A alcaldesa, Inés Rey, e Ana Pardo, representante da Asociación Provivenda, asinaron un convenio de colaboración dotado con 70.000 euros para o financiamento do proxecto 'Housing First' na Coruña, orientado a persoas sen fogar.

A Asociación Provivienda ten como obxectivo fomentar e promover programas de vivenda e aloxamento de carácter social en xeral e en especial para persoas con problemas de acceso á vivenda. Nese marco, a través do programa 'Housing First', promóvese un parque de 12 vivendas que dará cobertura a un total de 20 persoas ao longo de 2024, xunto con outras cinco persoas que poderían incorporarse a partir de cinco posibles saídas autónomas.

O parque componse de oito inmobles de unha ou dúas habitacións. Incorporaranse oito persoas cun perfil de longa duración e alta vulnerabilidade. Son vivendas individuais e contarán con apoios adaptados ás necesidades das persoas residentes. A vivenda será cedida de forma estable e independente, por tempo indefinido, recoñecendo a vivenda como un dereito fundamental da cidadanía.

Ademais, tamén se inclúen catro vivendas de tres habitacións. Incorporaranse doce persoas con marco temporal indefinido e procedentes tanto da rúa como de recursos de atención a persoas sen fogar. Ademais, poden ter presentar outros factores de exclusión. Son vivendas de formato convivencial e de transición co obxectivo de acadar a total autonomía nun tempo aproximado de 18 meses. As persoas incorporadan responden a un perfil con menos necesidades de apoio. En ambos tipos, as vivendas están completamente amobladas con equipamento básico así como cociña e baño.

Rey e Pardo puxeron en valor a colaboración entre Concello e entidade para o desenvolvemento do proxecto que dá continuidade ao posto en marcha no 2023 coa promoción de dez vivendas para persoas en situación vulnerable.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión