6 de junio de 2024
Inés Rey e Jacinto Torres asinaron o convenio nominativo polo que o Concello renova o apoio á asociación benéfica
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou no palacio de María Pita co presidente da Cocina Económica, Jacinto Torres, o convenio nominativo polo que se renova o apoio do Concello ao financiamento dos gastos da veterana asociación benéfica. O importe do convenio é de 80.000 euros para este ano 2024.
"É un orgullo poder colaborar desde o Concello cunha entidade que vai cumprir en breve 140 anos de traballo en favor das persoas máis vulnerables da cidade", destacou Inés Rey, quen lembrou que a entidade coruñesa é o comedor social en activo e en funcionamento ininterrompido máis antigo de España.
A Cociña Económica realiza os 365 días do ano servizos de comedor e de entrega de comidas non só na súa sede senón tamén nos barrios do Castrillón, Birloque e Sacra Familia.Tamén ofrece servizos de aseo persoal e asistenciais nas súas sedes da rúa do Socorro e a rúa Cordelería.
Neste ano 2024, a Concellaría de Benestar Social mantén convenios nominativos por un importe de máis de tres millóns de euros con entidades que traballan pola inclusión, a loita contra as adiccións, os maiores, a infancia, a discapacidade e a defensa dos dereitos e o benestar de persoas enfermas e o seu familiares.
20 de junio de 2024
19 de junio de 2024
18 de junio de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible