21 de octubre de 2024
Esta medida xa se aplicou meses atrás na praza da Fonte de Santa Catalina, onde se dispuxeron novos listóns de pedra, en granito, máis adaptados á estética xeral da praza e que evitan esvaramentos en días de choiva
Nas vindeiras semanas o Concello ten previsto acometer a substitución das tarimas de madeira existentes en diversos puntos da praza da Cormelana. O Goberno municipal decidiu cambialas por lousas de pedra pola súa durabilidade, mellor conservación e maior seguridade peonil.
Esta medida é semellante á que xa se executou este mesmo ano na praza da Fonte de Santa Catalina, onde, atendendo ás suxestións e demandas da cidadanía, o Concello actuou para retirar os antigos listóns de madeira, susceptibles de esvaramentos, para instalar novas pezas de pedra, en granito gris, que redundaron nunha mellora substancial para a seguridade das persoas transeúntes.
No caso da praza da Cormelana, que irá proximamente á comisión PEPRI, o Goberno municipal ten previsto reunirse previamente co persoal representante da hostalería da zona, co obxectivo de acordar un calendario de traballos que permita, na medida do posible, o desenvolvemento da súa actividade en paralelo á execución das melloras na praza, onde se concederon permisos para instalar terrazas ao aire libre.
Cómpre lembrar, ademais, que a praza da Cormelana é un punto que, en determinadas épocas do ano, ten especial afluencia de público en celebracións e actuacións en directo como a do Festival Noroeste Estrella Galicia.
30 de octubre de 2024
30 de octubre de 2024
24 de septiembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible