Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de agosto de 2024

O Concello acometerá melloras na rede de saneamento das rúas Asturias e Loureiro, nos barrios dos Mallos e San Pedro de Visma

As dúas intervencións, que suporán un investimento de case 100.000 euros, lévanse a cabo co obxectivo de renovar os colectores e, ademais, facer máis eficiente a recollida de augas na súa orixe

O Concello da Coruña porá en marcha a mediados de setembro dúas novas intervencións para mellorar a rede municipal de saneamento. Será, concretamente, nas rúas Asturias e Loureiro, situadas nos barrios dos Mallos e San Pedro de Visma.

No caso da primeira está previsto actuar na intersección entre as rúas Vizcaya e Asturias, para instalar un novo colector de PVC que mellorará a recollida de augas fecais. Os traballos durarán tres meses e o investimento do Concello será de máis de 46.000 euros.

Por outra banda, na rúa Loureiro, a rede actual é de tipo unitario e xa estaba sobre a mesa a substitución dos colectores de formigón por outros novos, tamén de PVC. Mais aproveitando a intervención, o Concello procederá á separación da rede instalando novas tubaxe para as augas pluviais, mellorando así a recollida de augas en orixe. Os traballos durarán tres meses, e á actuación destinarase unha partida orzamentaria de case 49.000 euros.

O plan de continuidade para renovar o circuíto de saneamento na Coruña

Os traballos nas rúas Asturias e Loureiro danlle continuidade ao plan de renovación da rede de saneamento na Coruña que está a impulsar, desde o mandato anterior, o Goberno de Inés Rey, actuando barrio a barrio e dándolle prioridade ás intervencións máis necesarias, ben pola antigüidade dos colectores ou para solucionar deficiencias.

No que vai de ano leváronse a cabo intervencións na rúa Bugallal Marchesi (Elviña), rematou a instalación das novas tubaxes na rúa Ana María Mogás Fontcuberta (A Zapateira), completáronse as obras de mellora nas rúas Novoa Santos (Catro Camiños) e París (A Zapateira), executouse a primeira fase de creación da nova rede separativa do Barrio das Flores e leváronse a cabo máis actuacións na rúa Capitán Juan Varela (Os Mallos).

Actualmente, o Concello tamén está a traballar na rúa Marsella (A Zapateira) e Juan Castro Mosquera (A Falperra).

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión