20 de diciembre de 2024
Os traballos, indicou a alcaldesa, Inés Rey, darán comezo nos primeiros meses do ano 2025 e permitirán unha renovación integral entre o Obelisco e a praza de Mina
O Concello adxudicou hoxe a obra de reurbanización dos Cantóns, Fase Cero da nova fachada marítima da cidade. As actuacións executaranse nun prazo de 20 meses, catro menos dos recollidos nos pregos, por unha UTE formada por Abeconsa e Canarga. As actuacións terán un custo de 7.434.766 euros, o que supón unha rebaixa próxima ao 9% con respecto ao orzamento de licitación.
Os traballos, indicou a alcaldesa Inés Rey, darán comezo nos primeiros meses do ano 2025 e permitirán a renovación integral dos Cantóns entre o Obelisco e a praza de Mina, reforzando o seu carácter peonil e aumentando a calidade urbana coa creación de novas zonas verdes e arboredo.
"A actuación provisional que fixemos durante a pandemia nos Cantóns demostrou que existía unha demanda real de espazo para as persoas nun dos puntos máis transitados da cidade, por iso faremos definitivo agora o que entón foi unha experiencia provisional", indicou Inés Rey.
As obras executaranse segundo o proxecto realizado polos arquitectos José Manuel Vázquez e Carmen Calatayud. Nos últimos días saíu tamén a concurso a dirección de seguridade e saúde de ditas obras, coa intención de axilizar a posta en marcha dos traballos.
A renovación dese espazo, que suporá también actuar en Entrexardíns, permitirá crear a nova porta de acceso aos peiraos, a Fase Cero da renovación da fachada marítima coruñesa, espazo que xa ten uso público desde o anterior mandato.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible