Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de setembro de 2023

O Concello adxudica os traballos para construír a nova rotonda das Rañas, que permitirá mellorar a mobilidade e reforzar a seguridade viaria e peonil

A glorieta estará localizada na estrada baixo a AC-14, nunha zona de tránsito habitual entre o polígono de Pocomaco e a zona comercial de Agrela

O Concello da Coruña vén de adxudicar os traballos de creación da nova glorieta das Rañas, que permitirá mellorar a mobilidade e a seguridade na zona. Desta forma, o Goberno de Inés Rey dá resposta a unha demanda das veciñas e veciños, que pedían un reforzo na seguridade viaria nun enclave exposto a diario a un intenso tráfico, especialmente no referente a vehículos pesados.

O lugar onde estará localizada a nova rotonda está na estrada baixo a AC-14, e conectará o polígono de Pocomaco, o núcleo das Rañas e a zona comercial de Agrela. Trátase dun cruzamento con gran fluxo de desprazamentos e que esixía unha remodelación en termos de visibilidade nesta intersección, tanto para o tráfico rodado como para as e os peóns.

Para conseguilo executarase unha glorieta que ocupará a mesma superficie que a existente na actualidade. Procederase cunha reordenación dos espazos peonís coa instalacións de pasos de peóns elevados, así como coa mellora e ampliación das beirarrúas, coa súa adaptación aos estándares normativos de accesibilidade. Ademais, tamén está prevista a creación dunha zona verde con árbores no espazo central da rotonda. Por outra banda, instalaranse novos elementos de sinalización para acadar unha mellor seguridade e renovaranse os báculos de iluminación dispostos á beira da estrada.

Coa posta en marcha desta iniciativa, o Goberno municipal de Inés Rey continúa avanzando na procura dunha mellora integral da mobilidade e da seguridade viaria. 

A construción da nova rotonda das Rañas, que acometerá a empresa Canarga, terá un prazo de execución de seis meses. O investimento total ascende a 337.165 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión