Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de junio de 2024

O Concello aproba a nova Ordenanza Municipal de Subvencións, que permitirá simplificar e reducir os trámites administrativos para a solicitude de axudas

O Pleno tamén aprobou definitivamente o estudo de detalle presentado pola Fundación Juana de Vega con vistas á construción dun novo edificio de 32 vivendas entre A Gaiteira e a rolda de Outeiro

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu este xoves a sesión ordinaria do Pleno municipal, no que se aprobou, de forma inicial, a nova Ordenanza Municipal de Bases reguladoras xerais para a Concesión de Subvencións do Concello.

O concelleiro da Área de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage, precisou hoxe as principais medidas que contempla o texto da ordenanza, que xa recibiu luz verde na Xunta de Goberno Local que tivo lugar a semana pasada, e que posibilitará ao Concello dispor dunha nova ferramenta que lles dará unha maior seguridade xurídica ás entidades e persoas beneficiarias e tamén permitirá axilizar a concesión das axudas públicas que se outorgan a nivel municipal.

Unha das medidas destacadas que contempla a ordenanza é a simplificación e redución de cargas administrativas. Por exemplo, xa non será necesario esixir a presentación de documentos ou a achega de datos que xa estean en poder das administracións públicas. Isto tamén contribuirá a axilizarlles os trámites ás persoas ou entidades solicitantes.

Lage expuxo que "se poderán executar pagamentos a conta ou anticipados, superando o 90% do importe subvencionable xusto despois da concesión, para facilitarlle aos beneficiarios o desenvolvemento das súas actividades. Como é lóxico, os gastos deberán xustificarse con posterioridade".

Ademais, no primeiro semestre de cada exercicio, a Xunta de Goberno Local dará conta dunha memoria das subvencións concedidas durante o ano anterior. Isto servirá para facer balance e render contas, "unha medida pioneira a nivel local e que redundará tamén nunha maior transparencia por parte da Administración", indicou Lage.

A aprobación inicial da ordenanza supón, en termos prácticos, a súa saída a exposición pública e a apertura do prazo de alegacións, cumprindo coa normativa vixente. Tras este trámite, deberá volver ao Pleno, con vistas á súa aprobación definitiva.

Un novo edificio residencial entre A Gaiteira e a rolda de Outeiro

Noutro dos asuntos destacados da orde do día, a Corporación municipal foi unánime na aprobación definitiva do estudo de detalle presentado pola Fundación Juana de Vega para o reaxuste de aliñacións e rasantes, así como a ordenación de volumes, no n.º 38 da rolda de Outeiro, onde a Fundación prevé acometer, posteriormente, a construción dun edificio de 32 vivendas.

A parcela, que ten unha superficie de máis de 2.000 metros cadrados -e xa é propiedade da Fundación-, está situada entre a rúa José González Chas, a travesía da Gaiteira e a propia rolda de Outeiro, e acolle actualmente un aparcadoiro privado ao aire libre, con alugueiro de prazas para o estacionamento de vehículos. O que formulou a Fundación Juana de Vega é darlle un novo uso a este espazo, que é da súa propiedade, para executar un edificio que albergue 32 vivendas.

O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, apuntou que, ademais da ocupación residencial, o Concello obtén, en réxime de cesión, "700 metros cadrados e outros 300 de zonas libres no espazo que está fronte á rolda de Outeiro", entre outras superficies.

Apoio ao colectivo de persoas afectadas pola ELA

O Pleno deste xoves comezou coa lectura dunha declaración institucional de apoio por parte do Concello ao colectivo de persoas con esclerose lateral amiotrófica (ELA).

A mediados do pasado mes de marzo, o Congreso dos Deputados aprobou, por unanimidade de todas as forzas políticas representadas no arco parlamentario estatal, admitir a trámite a proposición da Lei ELA.

"O 12 de marzo foi un día para a renovación da esperanza das persoas afectadas directa ou indirectamente por unha patoloxía neurodexenerativa, sen cura e sen tratamento hospitalario, que fai recaer toda a carga do coidado do enfermo na súa rede persoal de apoio (familia, amigos, coidadores) sen esquecer que a nosa actual configuración social e demográfica, fai que moitos deles carezan incluso dese recurso básico imprescindible para a súa vida", indicou Inés Rey na lectura do manifesto.

A declaración institucional desta mañá tamén reafirmou o compromiso do Concello de instar por escrito nos próximos 30 días ao poder lexislativo estatal para que proceda á tramitación de xeito preferente, urxente e prioritario dunha proposición de lei que recolla as mellores achegas de cada unha das normas aprobadas unanimemente e non esqueza que a garantía dos coidados 24/7 debe constituír a base fundamental da futura lei.

Noutra orde de asuntos, no pleno de hoxe refrendouse a aprobación dun modificativo de crédito para facer fronte a investimentos e servizos prestados.

En total investiranse 7,2 millóns de euros, que serán afrontados, na súa maior parte (5,2 millóns) con cargo ao remanente líquido da tesourería para gastos xerais. O importe restante acometerase mediante baixas de crédito dos actuais orzamentos, atendendo, por exemplo, a partidas orzamentarias nas que xa se prevé un aforro para o Concello. É o caso, por exemplo, do contrato de iluminación pública, no que o Concello se beneficia, en materia enerxética, do novo contrato marco tramitado a través da FEMP.

Este modificativo permitirá cubrir axudas ao transporte e tamén un suplemento de crédito para o IMCE de 3.393.282 euros, que se suplementa cun recoñecemento do propio IMCE por valor de 473.564 euros, contías coas que o IMCE fará fronte ás facturas pendentes de pagamento por servizos prestados.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión