22 de julio de 2024
A superficie municipal será de 508,64 metros cadrados que permitirán acometer o remate da rúa Acanto e crear unha praza na rúa Pontedeume
Trátase do último soar baleiro da Avenida de Arteixo no que a propiedade cederá máis da metade da parcela ao Concello para a súa urbanización
O Concello da Coruña autorizou á promotora Highfive Avenida de Arteixo o proxecto de execución dun novo edificio de 30 vivendas na Sagrada Familia, cuxo orzamento de execución é de 2,3 millóns de euros. O Goberno de Inés Rey xa aprobara a licenza o pasado mes de novembro en Xunta de Goberno Local para a construción do edificio, que tamén incluirá locais comerciais, rochos e garaxe.
Trátase do último soar baleiro da avenida de Arteixo, sito no nº 64 e lindeiro coas rúas Belén e Pontedeume. Ten unha superficie total de 974 metros cadrados, dos que 465,36 dedicaranse a un proxecto residencial. A propiedade cederá os restantes 508,64 metros cadrados ao Concello para a súa urbanización.
A cesión de máis da metade do espazo do soar ao Concello permitirá rematar a rúa Acanto, conectándoa así coa rúa Nazaret, actualmente illada por un muro. Ademais, o Goberno de Inés Rey prevén a creación dunha praza na rúa Pontedeume para o uso público, ampliando dese xeito os espazos de uso cidadá do barrio da Sagrada Familia.
O edificio constará de sete andares de vivendas e un ático, xunto con tres andares soterrados para aparcadoiro, con 37 prazas por andar, e trasteiros. O conxunto das 30 vivendas divídense en 7 de dous dormitorios, 22 de tres dormitorios e unha única de catro dormitorios. Ademais, o andar baixo disporá dun local comercial de 84,30 metros cadrados, con acceso directo desde a avenida de Arteixo e a rúa Acanto.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible