25 de outubro de 2024
Hoxe reuniuse a Xunta de Goberno do consorcio para analizar a situación do ente do que depende a OSG
O Consorcio para a Promoción da Música, organismo do que depende a OSG, celebrou esta mañá unha Xunta do Goberno presidida pola alcaldesa, Inés Rey.
Como representante do Goberno municipal estivo presente, ademais da alcaldesa, o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. Na xunta asistiron tamén representantes do resto dos grupos da corporación así como da OSG e de Amigos da Ópera, ademais da delegada territorial da Xunta, Belén Docampo, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
No encontro abordáronse diversos aspectos de carácter financiero do funcionamento do consorcio. Castro celebrou o incremento da achega por parte da Xunta ao organismo, con 300.000 euros, atendendo á petición que fixera no seu día Inés Rey ao presidente da Xunta, e que se traduciu tamén nunha achega de 300.000 euros o ano pasado. Con estas subas o Concello pretendía que a Xunta revertera o déficit de financiamento da Sinfónica durante os últimos anos.
Castro apuntou tamén que desde o Concello se está a traballar, da man do Consorcio, na elaboración dun plan estratéxico a longo prazo para garantir a estabilidade financeira da entidade.
21 de novembro de 2024
25 de outubro de 2024
17 de outubro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible