Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xuño de 2024

O Concello celebra o primeiro cuarto de século da Biblioteca de Monte Alto baixo o lema “25 anos facendo barrio”

O espazo abriuse ao público o 3 de xuño de 1999, sendo a sexta biblioteca da rede municipal da Coruña e a primeira totalmente informatizada, tanto no servizo de préstamo como na xestión de acceso á colección e á oferta de ordenadores de acceso público

O Concello da Coruña pon en marcha un programa de actividades culturais abertas a persoas usuarias e familias baixo o lema "25 anos facendo barrio" para conmemorar o 25 aniversario da apertura da Biblioteca de Monte Alto. A iniciativa enmárcase na liña posta en marcha polo Goberno de Inés Rey para a dinamización das Bibliotecas Municipais.

O programa comezará o martes 11 de xuño, ás 19.00 horas, cun faladoiro no que participarán persoas de referencia no campo da escrita e da ilustración vinculadas á biblioteca. Baixo o título  "Biblioteca Municipal de Monte Alto, 25 anos facendo barrio", achegaranse ao espazo o Arturo Iglesias (ilustrador), Bea Lema (ilustradora), Emma Pedreira (escritora) e María Canosa (escritora) xunto con Xurxo Souto (escritor e músico), encargado de conducir o acto central das celebracións.

Logo do faladoiro presentarase unha peza documental sobre o primeiro cuarto de século da Biblioteca, con testemuñas de entidades, asociacións e persoas usuarias que achegarán experiencias e recordos do espazo así como a influencia que tivo nas súas vidas.

O mércores 12 de xuño, a celebración centrarase en actividades dirixidas ás familias. Dunha banda estará o espectáculo "O Xogueteiro" de Çe Orquestra Pantasma, de tipo infantil-familiar con música e xogos tradicionais. Todas as actividades son gratuítas e con entrada libre ata completar capacide.

A programación complétase cunha exposición fotográfica que recolle a memoria dos 25 anos de vida da biblioteca. Ademais, ao longo do mes de xuño, haberá agasallos para as persoas se acheguen á biblioteca para facer uso dos servizos. Dende un marcapáxinas cunha ilustración da biblioteca, obra do ilustrador coruñés Arturo Iglesias, así como bolsas de tea para levar os libros en préstamo.

Historia da Rede Municipal de Bibliotecas da Coruña

A Biblioteca de Monte Alto abriuse ao público o 3 de xuño de 1999, converténdose na sexta biblioteca da Rede Municipal de Bibliotecas da Coruña. A primeira en abrir as súas portas foi a da Sagrada Familia, o 13 de maio de 1991, seguida da Biblioteca de Estudos Locais días despois. A elas uníronse no 1996 as do Castrillón e Fórum Metropolitano, no 2009 a dos Rosales e no 2012 a do Ágora, sendo a última apertura da rede.

A apertura do espazo en Monte Alto supuxo unha aposta pola cultura e a innovación, sendo a primeira biblioteca municipal totalmente informatizada, tanto no servizo de préstamo como na xestión de acceso á colección e á oferta de ordenadores de acceso público. Ademáis, foi pioneira en Galicia ao contar cunha aula de informática destinada á formación das persoas usuarias nos temas tecnolóxicos.

Como o centro cultural máis preto da cidadanía, xogou o e xoga un papel fundamental na promoción da lectura e no desenvolvemento do barrio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión