Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de agosto de 2024

A actividade ten un prezo de 5 euros e impartirase en horario de mañá e tarde os días 3, 4 e 5 de setembro segundo franxa de idade

O Concello colabora coa AMI na promoción da escalada en idades temperás con tres actividades de iniciación

O programa, organizado pola Agrupación de Montañeros Independentes da Coruña, está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos

A Agrupación de Montañeros Independentes (AMI) da Coruña organiza para este mes de setembro tres actividades de bautismo de escalada, orientados a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos de idade. O obxectivo do programa e dar a coñecer aos máis pequenos as actividades de montaña, as instalacións e os diferentes cursos que comezan co período lectivo.

A actividade ten unha capacidade total de 36 prazas, con 12 persoas por quenda de idade, repartidas entre os días 3, 4 e 5 de setembro:

  • De 6 a 8 anos | Martes, 3 de setembro
  • De 9 a 12 anos | Mércores, 4 de setembro
  • De 13 a 16 anos | Xoves, 5 de setembro

As persoas que participen poderán achegarse ás dúas diferentes modalidades dispoñibles. En horario de mañá, de 11.30 a 13.00 horas, aprenderán corda no Rocódromo Municipal de Riazor. Xa pola tarde, os nenos e nenas coñecerán as instalacións da AMI, localizadas na rúa Padre Sarmiento nº 8, probando o bloque en horario de 16.00 a 17.30 horas. O custo é de cinco euros para todas a idades. As inscricións poden realizarse por teléfono no 667967227 ate o día antes da actividade ou completar capacidade.

O Concello e a AMI asinaron para este ano 2024 un convenio de colaboración de 12.000 euros para a promoción do deporte de montaña. En total, o Goberno de Inés Rey fixou para este ano 2024 convenios nominativos con entidades deportivas por máis de 1,2 millóns de euros para o fomento do deporte de base e dinamización dos clubs deportivos da cidade.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión