27 de xuño de 2024
A alcaldesa e a presidenta da entidade asinaron a renovación do convenio de colaboración para gastos de funcionamento
A alcaldesa, Inés Rey, e a presidenta da Asociación Boanoite, Sara Alvar, asinaron no Palacio de María Pita a renovación do convenio nominativo por importe de 23.000 euros destinado a financiar gastos de funcionamento da entidade.
Inés Rey destacou o traballo de Boanoite en favor das persoas sen fogar e en risco de exclusión social e subliñou que a práctica totalidade das actividades da entidade realízanse grazas a máis de 150 persoas voluntarias da entidade: "todas elas demostran o compromiso da Coruña e da sociedade coruñesa cos máis vulnerables".
Rey tamén subliñou o traballo que levan a cabo os equipos de atención social do Concello da Coruña coas persoas que viven na rúa. Lembrou que pronto a cidade contará cun novo equipamento de atención coa apertura do centro de baixa esixencia da avenida de Labañou, unha obra cun orzamento de máis de 700.000 euros.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible