Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de febrero de 2024

O Concello colabora coa organización Fitas do Vento doando materiais e útiles de primeira necesidade para proxectos educativos en Mozambique

O abano de doazóns inclúe diversos instrumentos musicais que irán destinados a unha escola infantil na que se creará unha nova aula de música, onde se fomentará a aprendizaxe das pequenas e pequenos

O Concello da Coruña colabora coa organización Fitas do Vento para facilitar a doazón de útiles de primeira utilidade procedentes da Oficina de Obxectos Perdidos da Policía Local, e que serán destinados a proxectos educativos e de formación en escolas de Mozambique.

A semente deste proxecto está nun convenio de irmandamento entre as escolas infantís do colexio Santa María del Mar e a Escola Secundario Inácio de Loiola do país africano. Esta ponte de colaboración, que se puxo en marcha no ano 2017 coa doazón de material escolar, abriu camiño posteriormente a diversas iniciativas en materia de intercambio e formación pedagóxica, cunha perspectiva bilateral, nas que tamén foron fundamentais as e os profesionais da Rede de Escolas Infantís Municipais da Coruña (REIM), así como as familias das crianzas.

Este ano, e co obxectivo de reforzar as liñas de colaboración xa establecidas, a Área de Seguridade Cidadá sumou a súa achega doando útiles almacenados ata agora na Oficina de Obxectos Perdidos da Policía Local e que, tras superarse os dous anos marcados pola normativa, non foron reclamados ou recollidos por ningunha persoa que acreditase a propiedade do obxecto.

"Son obxectos e útiles que agora poden ter unha segunda vida e axudar a persoas que as necesitan. Desta forma, o Goberno de Inés Rey promove a súa reutilización e colabora con organizacións como Fitas do Vento, que conta cunha traxectoria sólida á hora de impulsar e apoiar proxectos socioeducativos no continente africano", indicou a concelleira da Área de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz.

Entre os útiles doados polo Concello hai máis de 6.000 prendas de roupa, máis de 2.100 lentes graduadas e sen graduar, catro caixas con material escolar, catro carriños de bebé e roupa de bebé, 873 paraugas, 63 libros e dúas bicicletas.

Neste abano de doazóns tamén se inclúen diversos instrumentos musicais que irán destinados a unha escola infantil mozambicana na que se creará unha nova aula de música onde se fomentará a aprendizaxe das pequenas e pequenos.

Ademais, o Concello tamén achegou unha pequena cantidade económica, de carácter simbólico (e procedente tamén de obxectos perdidos), que permitirá promover varias bolsas de formación en oficios neste país da África oriental, "unha medida que pode ter un impacto moi beneficioso na vida diaria e desenvolvemento persoal e profesional da rapazada que as recibe", expón Susana Vázquez, coordinadora da organización Fitas do Vento.

Cómpre lembrar que as liñas de axuda establecidas entre o Concello e Fitas do Vento catalízanse a través da Fundación Loyola Galicia.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión