13 de febrero de 2025
En breve colocarase outro servizo de iguais características na Praza da Tolerancia
O Concello comezou esta semana as obras de instalación dun novo aseo autolimpiable na rúa Ribeira Sacra, no barrio de Novo Mesoiro. Trátase dunha cabina de uso mixto e totalmente accesible realizada con materiais elixidos segundo criterios de sustentabilidade e aforro enerxético. O custo deste novo servizo público é de 69.913 euros.
Así mesmo, en breve dará comezo a instalación doutro aseo de características similares na Praza da Tolerancia, no barrio de Labañou, cun custo de 75.806 euros. A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, sinalou que "o reforzo e a renovación dos aseos públicos da cidade impulsada polo Goberno de Inés Rey continuará coa conversión en aseo do quiosco de prensa que hai á beira da Casa do Sol, na Avda. Pedro Barrié de la Maza, que dará servizo á praia do Orzán".
Este tipo de aseos facilitan o mantemento e limpeza dos aseos como espazos públicos, xa que contan cun sistema de lavado automático de chan e inodoro despois de cada uso. Este sistema actívase cando a persoa usuaria do servizo sae, accionándose co peche da porta.
Coa instalación destes dous aseos autolimpiables xa son 11 os que están ao dispor dos cidadáns. En total, a cidade contará con 60 aseos públicos dos que 27 son químicos e 31 fixos. A este respecto, cómpre lembrar que antes do verán do 2024 xa se habilitaron outros dous aseos autolavables no sector do paseo Marítimo próximo á Torre de Hércules e a praia das Lapas, así como na contorna das Lagoas, dous puntos onde na tempada estival hai un importante incremento de turistas.
31 de mayo de 2025
30 de mayo de 2025
28 de mayo de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible