15 de noviembre de 2024
Diana Cabanas pechou a xornada resaltando a importancia da colaboración entre o Concello e EspazoCoop para promover a economía social
Hoxe celebrouse no Centro Ágora da Coruña a Xornada "As cooperativas, empresas sostibles", organizada pola Unión de Cooperativas de Galicia EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña. A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, foi a encargada de pechar a xornada, resaltando a importancia da colaboración entre o Concello e EspazoCoop para promover a economía social no municipio.
Durante o transcurso da mesma, presentáronse as accións a favor do cooperativismo realizada no Concello da Coruña ao longo deste ano, froito do convenio de colaboración asinado entre ambas dúas entidades. Entre as accións realizadas destacan as 120 horas de asesoramento e acompañamento ofrecidas a cooperativas activas, grupos promotores, empresas en crise que valoren a súa transformación en cooperativa e persoas autónomas interesadas en agrupar servizos, recursos ou investimentos.
A concelleira subliñou que "ano tras ano vimos traballando de forma conxunta para promover iniciativas como esta, que contribúen á posta en valor do modelo cooperativista que hai tanto na Coruña como no conxunto da súa área". Así mesmo, destacou a importancia que teñen para a visibilización ás e aos profesionais que apostan pola dinamización empresarial e a creación de emprego en materia de sostibilidade. "Dende o o Goberno de Inés Rey estamos a dar un pulo ao comercio, con iniciativas como os mercados ecolóxicos e sostibles que teñen lugar cada fin de semana nos barrios da cidade", indicou a concelleira.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible