Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de mayo de 2024

O Concello impulsa un proxecto de formación en coidados para as persoas maiores e dependentes, que se porá en marcha na Coruña a finais de ano

O Goberno de Inés Rey destina á atención de persoas maiores e dependentes nos seus fogares un total de 10 millóns de euros por ano. Actualmente, reciben asistencia preto de 1.200 persoas usuarias

Cinco entidades sociosanitarias da cidade que traballan no eido das enfermidades neurodexenerativas reuníronse esta semana coa concelleira responsable da Área de Benestar Social, Yoya Neira, así como con persoal técnico da concellaría e representantes das dúas empresas que desenvolven o Servizo de Atención a Domicilio (SAD) xestionado polo Concello, co obxectivo de poñer en marcha un programa de formación en coidados destinado ás traballadoras que atenden as persoas maiores e dependentes da cidade nas súas casas.

Á reunión asistiron representantes da Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM), a Asociación de Dano Cerebral Adquirido (Adaceco), a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (AFACO), a Federación Galega de Enfermidades Raras (Fegerec) e a Asociación Párkinson Galicia.

Estas entidades deseñarán un programa específico de formación en coidados para persoas maiores e dependentes, destinado a mellorar a atención que prestan as traballadoras do Servizo municipal de Axuda a Domicilio (SAD) adscritas ás empresas Osventos e Attende Care. O dito proxecto comezará a súa andadura no derradeiro trimestre deste ano.

Neira puxo en valor a importancia desta iniciativa que "contribuirá a mellorar a calidade de vida das persoas maiores e dependentes da cidade, tamén a que as traballadoras que prestan servizo a domicilio desenvolvan o seu traballo con maior seguridade e eficacia".

A atención ás persoas maiores e dependentes é unha das prioridades do Goberno de Inés Rey. Neste sentido, cómpre lembrar que o Concello renovou o ano pasado o contrato do Servizo municipal de Atención a Domicilio (SAD), e destina á atención de persoas maiores e dependentes nos seus fogares un total de 10 millóns de euros por ano. Actualmente, reciben asistencia preto de 1.200 persoas usuarias.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión