Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de julio de 2024

O Concello iniciará a vindeira semana as obras para mellorar a rede de saneamento na rúa Juan Castro Mosquera, no barrio da Falperra

Só no último ano, o Goberno de Inés Rey destinou máis de 1,3 millóns de euros para acometer investimentos no barrio. Entre eles, a reurbanización de Pla y Cancela, xa en execución, e as melloras na rúa Pozo Ranchos

O Concello da Coruña porá en marcha nos vindeiros días os traballos de mellora previstos na rede de saneamento da rúa Juan Castro Mosquera, no barrio da Falperra, onde se acometerá a renovación dun treito de cen metros na rede de colectores.

Esta intervención forma parte da folla de ruta planificada polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de adaptar as infraestruturas dos barrios aos estándares de seguridade actuais, unha medida que se está levando a cabo de forma progresiva atendendo ás necesidades de cada distrito e tendo en conta, por exemplo, a antigüidade e os materiais das tubaxes.

No caso da rúa Juan Castro Mosquera, está previsto substituír os antigos colectores de augas residuais, feitos a base de gres, por uns novos, de PVC e un grosor de 315 mm, máis robustos ante hipotéticas roturas ou fugas de augas na rede. Os traballos executaranse, concretamente, no percorrido de Juan Castro Mosquera que vai ata a rúa Sinforiano López.

Máis de 1,3 millóns en investimentos na Falperra no último ano

O plan de melloras previsto polo Concello no barrio da Falperra supuxo, só no último ano, un investimento total de 1,3 millóns de euros.

Ademais dos traballos en Juan Castro Mosquera, xa se están a executar as obras de reurbanización da rúa Pla y Cancela, que suporá a ampliación das zonas peonís, así como a renovación da rede de recollida de augas residuais, a plantación de novo arboredo e especies vexetais e a instalación de novo mobiliario urbano.

A isto súmanse, ademais, as melloras na accesibilidade peonil na rúa Pozo Ranchos, onde só restan diversos remates técnicos para finalizar a intervención.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión