4 de julio de 2024
O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, informou hoxe sobre esta medida, "que comezan a facer a maior parte de concellos que teñen politicas avanzadas no referente a servizos de calidade"
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a sesión plenaria desta mañá, na que o voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, avanzou que o Concello acometerá o ano que vén o que será o seu primeiro estudo sobre a calidade da prestación dos servizos municipais, unha iniciativa "que comezan a facer a maior parte de concellos que teñen politicas avanzadas no referente a servizos de calidade".
Ademais, Lage tamén informou de que no segundo semestre deste ano se presentará o Plan Estratéxico de Subvencións, unha medida "en materia de transparencia no eido económico" e na que se prevé dar participación aos diversos grupos municipais e entidades sociais da cidade.
Lage expuxo, a maiores, que as negociacións para concretar os Orzamentos Municipais de cara ao ano 2025 comezarán no vindeiro mes de setembro.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible