Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de junio de 2024

O Concello licita as obras de construción dun novo edificio de 50 vivendas públicas no barrio de Xuxán, que estará destinado a alugueiro social

A alcaldesa, Inés Rey recalcou que dez das 50 vivendas serán adaptadas, "cinco veces máis do mínimo estipulado pola normativa"

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a Xunta de Goberno Local, que aprobou a licitación das obras de execución dun novo edificio de 50 vivendas de promoción pública no barrio de Xuxán, un bloque residencial que tamén disporá de locais comerciais e sotos con garaxes.

A rexedora lembrou que esta iniciativa, incluída nos Orzamentos 2024, "abre camiño a unha das principais liñas estratéxicas que marcamos de cara a este mandato: a de impulsar o parque de vivenda pública na cidade da Coruña". Neste sentido, o novo edificio, que se construirá nun soar de titularidade municipal na parcela Z-37 de Xuxán, estará destinado a alugueiro social.

Inés Rey recalcou, ademais, que dez das 50 vivendas serán adaptadas, "cinco veces máis do mínimo estipulado pola normativa", o que facilitará o acceso residencial a persoas con mobilidade reducida. A este respecto, cómpre destacar tamén as 104 prazas de aparcamento que se crearán nos sotos do edificio, un total de 12 serán adaptadas.

Unha vez que se adxudiquen as obras, está prevista a súa execución nun prazo de 24 meses. O investimento estimado polo Concello é de 10,2 millóns, dos que 2,4 son procedentes de fondos Next Generation, unha quinta parte do total.

Licenza para a construción dun novo edificio de 15 vivendas na Gaiteira

Por outra banda, e dando continuidade aos asuntos relativos á área de Urbanismo, na Xunta de Goberno Local fíxose balance das licenzas resoltas no período entre os días 7 e 20 de xuño, con 209 expedientes notificados, dos que 29 foron licenzas urbanísticas e 130 foron obras en réxime de comunicado.

Destaca, como expediente particular, a licenza que habilitará á promotora Amma Desarrollos Urbanos á construción dun edificio de 15 vivendas, rochos e garaxes entre a rolda de Outeiro e as rúas Ricardo Pérez e Carballo, no barrio da Gaiteira. O orzamento destinado á execución das obras é de 1,5 millóns de euros. A promotora terá 30 meses para rematar os traballos.

Ademais, tamén se concedeu este venrtes licenza á comunidade de propietarios dos edificios 33-51 da avenida Salvador de Madariaga, no barrio de Elviña, para facilitar os traballos de illamento da envolvente destes bloques residenciais. O investimento previsto para acometer esta intervención é de case 2 millóns de euros, a completar en 26 meses.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión