Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xullo de 2024

O Concello licita o novo programa ‘Maiores en plena forma’ con actividades para favorecer o mantemento físico e psíquico

As actividades están destinadas a persoas maiores de 60 anos e impartiranse nos centros cívicos municipais

O Concello da Coruña inicia os trámites de contratación do novo servizo de promoción da autonomía de persoas de idade avanzada chamado 'Maiores en plena forma'. Esta iniciativa do Goberno de Inés Rey busca o mantemento de boas condicións físicas e psíquicas das persoas maiores residentes na cidade mediante a organización de diferentes actividades de estimulación cognitiva, física e social, encamiñadas a potenciar o mantemento da súa total autonomía.

O programa 'Maiores en plena forma' coordinarase e integrarase cos que xa se proporcionan nos distintos centros cívicos municipais, que aportan ás persoas maiores autónomas un marco adecuado para o desenvolvemento da convivencia, a satisfacción das súas demandas sociais e a realización de actividades de recreo, esparcemento ou coidado persoal. A duración deste contrato, en fase de licitación, será dun ano, coa posibilidade dunha prórroga dun segundo ano.

Está prevista a realización dun mínimo de 1.000 horas de actividades. Entre a oferta, haberá as seguintes opcións:

  • Administración electrónica para maiores: sistemas de firma electrónica, manexo de banca electrónica e compras por internet.
  • Manexo das novas tecnoloxías: teléfonos móbiles e aplicacións útiles.
  • Mindfullness, danzaterapia, musicoterapia...
  • Hábitos saudables: alimentación saudable e consellos para a vida diaria.
  • Estimulación cognitiva
  • Grupos de lectura e talleres literarios.
  • Visitas culturais
  • Paseos dinámicos pola cidade

As actividades están orientadas a persoas maiores de 60 anos e estarán impartidas por persoal experto en cada unha das materias.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión