Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xuño de 2024

O Concello licita un novo contrato de iluminación de Nadal para chegar a máis rúas nos barrios

O Goberno de Inés Rey levará a cabo un investimento de 800.000 euros anuais, máis do medio millón por exercicio que se destinaba anteriormente

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a Xunta de Goberno Local, na que se aprobou a licitación do contrato de iluminación ornamental para as festas de Nadal e do Entroido. Ata agora, o Concello levaba a cabo un investimento de medio millón de euros anuais para sufragar o deseño, subministración e instalación das luces.

A rexedora avanzou que co novo contrato se dará un pulo ao orzamento específico destinado a esta finalidade, que pasará a ser de 800.000 euros anuais. "Desta forma, xa no vindeiro Nadal poderemos estender a iluminación festiva a máis rúas da cidade, facendo partícipes a todos os barrios da Coruña dunhas datas moi especiais", expuxo Inés Rey.

O novo contrato de iluminación estipula un investimento total de 2,4 millóns de euros entre o que resta deste ano e inicios de 2027, polo que terá, de inicio, unha vixencia de tres anos. O Concello terá a posibilidade de amplialo por outros dous anos máis, en función do nivel de satisfacción que haxa cos servizos que preste a empresa adxudicataria.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión