Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de febrero de 2021

O Concello licitará antes da primavera as obras de urbanización de Xuxán

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, recordou os preto de dez millóns de euros investidos en infraestruturas básicas para os barrios co fin de mellorar a calidade de vida neles

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, anunciou este mediodía na radio que o Concello licitará antes da primavera o remate das obras de urbanización de Xuxán, unha cuestión que calificou de necesaria e urxente para que o conxunto de familias que viven alí dispoñan dos servizos que todos os barrios deben ter. A actuación, que está valorada en preto de 14 millóns de euros, responde á aposta deste goberno de Inés Rey polos novos barrios nun momento en que o Concello redacta o proxecto en Xuxán dun edificio de vivendas de protección oficial, onde situarán tamén equipamentos públicos socioculturais, segundo sinalou Villoslada. Estes locais servirán para dinamizar a zona e favorecer a vida no barrio e a relación entre as e os residentes.

O edil destacou a importancia de combinar os grandes proxectos de cidade con investimentos en infraestruturas básicas nos barrios e recordou que a súa concellería destinou con esta última finalidade máis de 10 millóns de euros o ano pasado. Destas partidas, engadiu, distribuídas de forma equilibrada entre os dez distritos, a Agra do Orzán resultou ser o barrio ao que se lle destinaron máis orzamentos con case 1,4 millóns de euros. Villoslada deu como exemplo outras zonas como Monte Alto, en que se investiron 547.976,55 euros; Cidade Vella, 717.454,00 euros; Os Mallos, 841.756,85  euros ou Elviña-Barrio das Flores, con 493.715,39 euros. O concelleiro insistiu en que están os grandes plans de cidade como o novo CHUAC, a estación intermodal ou a Cidade das Tics... "e despois están equipamentos importantes para lles dar unha nova vida a ámbitos como o mercado de Durmideiras e o de Monte Alto, a reforma do Remanso, o edificio de usos múltiples de Santa Lucía ou a Casa Veeduría, que revitalizará moito a Cidade Vella". Neste punto, indicou que "temos que solucionar os problemas do día a día, pero sen deixar as nosas responsabilidades fronte a eses proxectos máis complexos" e que tamén suporán melloras urbanísticas como a Intermodal nas avenidas da Sardiñeira, Os Mallos e mais a do Ferrocarril e a transformación dos terreos portuarios, que implicará "un importante cambio de cidade, dos barrios e da contorna metropolitana".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión