Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de julio de 2024

O Concello mantén a súa aposta pola Escola Intercultural, dentro das actividades da Unidade de Asesoramento de Migracións (UAMI)

O Goberno de Inés Rey licita o novo contrato deste servizo, que contará cun orzamento de 55.000 euros

O Goberno de Inés Rey iniciou o proceso de contratación do novo contrato relativo ao servizo da Escola Intercultural, unha iniciativa que está enmarcada no programa da Unidade de Asesoramento de Migracións (UAMI). Este programa conta cunha longa traxectoria, converténdose  nun elemento de referencia para a integración e acollida da poboación migrante e o fortalecemento da xa residente na cidade.

Este programa social vense desenvolvendo na cidade desde hai varios anos e require de profesionais especializados e dedicados a esta tarefa de forma específica. A Escola Intercultural ten a súa sede na rúa Aaiún, 2 e pódese contactar co seu persoal a través do teléfono 881 098 363 e do correo electrónico uami@coruna.gal.

Esta iniciativa desenvólvese en tres ámbitos: o escolar, o familiar e o comunitario. A escola desenvolve actividades durante todo o ano. As persoas interesadas en participar poderán facelo a través dos servizos públicos da cidade (centros educativos e centros cívicos) e entidades da cidade que leven acabo intervencións a persoas migrantes.

O Goberno de Inés Rey reafirma deste xeito o seu apoio á integración da poboación migrante, como tamén fai cos dous convenios nominativos asinados no mes de xuño con SOS Racismo Galicia, por un importa total de 39.000 euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión