Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de outubro de 2024

O Concello presenta as xornadas ‘As mulleres gardiás da ría e do mar’, que se terán lugar a vindeira fin de semana

O encontro, organizado por ADEGA coa colaboración do Concello, contará cunha mesa redonda con seis mulleres ligadas ao mar e unha ruta pola ría do Burgo

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, presentou hoxe no Palacio de María Pita as xornadas 'As mulleres gardiás da ría e do mar', organizadas pola asociación ecoloxista ADEGA. As xornadas desenvolveranse a próxima fin de semana ao redor de dous actos centrais: o sábado 19, ás 11.00 horas na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, haberá un mesa redonda que reunirá a seis mulleres cuxa vida e traballo está ligada dunha ou doutra maneira ao mar.  Ao día seguinte, o domingo 20 de outubro, ADEGA organiza unha ruta pola ría do Burgo para descubrir esta zona de produción marisqueira e a súa biodiversidade. Ambas as actividades son de balde.

"Con estas xornadas, a través dos testemuños de seis mulleres que dedican a súa vida ao mar desde diferentes perspectivas, o Goberno de Inés Rey poñer en valor o traballo das mulleres galegas: desde os oficios tradicionais como as redeiras ou as mariscadoras ata o seu actual papel como empresarias ou educadoras e divulgadoras ambientais", sinalou Neira.

A concelleira estivo acompañada na presentación das xornadas por Xandro García, voceiro de ADEGA - A Coruña e as relatoras Teresa Ramiro, mariscadora da ría do Burgo, e Mercedes Bernal, secretaria da Confraría de pescadores da Coruña entre 1990 e 2024. Ambas participarán nas conferencias do sábado xunto a outras catro traballadoras ligadas ao sector do mar e á loita medioambiental. As outras catro relatoras son Sandra Amezaga (secretaria da  Asociación Mulleres Salgadas), María Ballesteros (responsable de educación e voluntariado en Surfrider Fundation), Ángela Cortina (secretaria técnica para as flotas de grande altura de ARVI) e Itziar Díaz (educadora ambiental de ADEGA).

Para completar as xornadas, ao día seguinte, o domingo 20 de outubro tamén ás 11.00 horas, ADEGA organizará unha ruta pola ría do Burgo para descubrir esta zona de produción marisqueira e a súa biodiversidade. Este percorrido guiado non só permitirá coñecer a biodiversidade local, senón que tamén será unha oportunidade para reflexionar sobre as ameazas que enfrontan estes ecosistemas e a urxencia de protexelos. Esta ruta é de balde, mais cómpre inscribirse previamente na web de ADEGA.

Estas xornadas inscríbense na colaboración que mantén o Concello da Coruña con ADEGA, a máis veterana das asociacións ecoloxistas galegas que o ano que vén cumpre 50 anos.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión