22 de octubre de 2024
O Goberno de Inés Rey celebra deste xeito o Día do Comercio Local, que se conmemora o vindeiro venres 25 de outubro
O Concello da Coruña está a levar a cabo unha campaña de fomento do consumo local na que se busca que a cidadanía priorice o consumo de proximidade. Nos próximos días repartiranse 2.000 paraugas en establecementos da cidade que serán regalados aos clientes e clientas polas súas compras nestes negocios.
O Goberno de Inés Rey quere, deste xeito, fomentar o consumo nestes espazos para conmemorar o Día do Comercio Local, que se celebra este venres 25 de outubro. O Concello continúa deste xeito coas súas iniciativas a prol deste sector, ao que vén acompañando nos últimos anos con accións como os bonos PRESCO.
As persoas usuarias destes negocios poderán conseguir un destes paraugas especiais pola compra de produtos no establecemento. Ademais, o Concello iniciou unha campaña nas redes sociais a favor do comercio local.
4 de noviembre de 2024
25 de octubre de 2024
22 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible