Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2024

As guías están ao dispor dos usuarios a través de códigos QR situados en puntos de interese da costa coruñesa e na web municipal

O Concello publica dúas novas guías dixitais sobre a riqueza ambiental do litoral da cidade

A información, adaptada para público adulto e infantil, divídese en catro capítulos, un para cada estación do ano e en catro idiomas, e está dispoñible tamén en formato audioguía

O Concello da Coruña elaborou e publicou dúas guías dixitais para divulgar e poñer en valor a riqueza ambiental do litoral da cidade e sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da súa protección. A iniciativa posta en marcha polo Goberno de Inés Rey vai na liña doutras actuacións en marcha como a creación do miradoiro e a recuperación do estanque no Monte de San Pedro, con sinalética e paneis informativos sobre a contorna natural.

As guías, feitas coa colaboración de expertos en divulgación ambiental, estarán a disposición dos usuarios a través de códigos QR colocados nos carteis de sinalización de puntos de interese da costa da cidade e tamén se pode acceder a eles directamente na web municipal. "É obrigación da administración local non só protexer a contorna natural da nosa cidade e a súa biodiversidade senón tamén sensibilizar á cidadanía sobre a importancia dese respecto e ese coidado", sinala a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira.

Elaboráronse dúas guías: unha para adultos e outra dirixida ao público infantil. Os contidos organízanse ao redor das catro estaciones do ano. Deste xeito, nun paseo polo litoral poderase obter información sobre as especies de fauna e flora que se poden observar nese momento do ano. Tamén pode accederse á guía completa.

Tanto as guías destinadas a un público xeral como as guías específicas de público infantil publicáronse en catro idiomas: castelán, galego, inglés e portugués, xa que esta última é a nacionalidade maioritaria dos turistas estranxeiros que visitan a cidade. Ademais, as guías tamén estarán dispoñibles en formato audioguía nos catro idiomas. "Con estas guías tanto quen nos visita como quen reside na Coruña pode saber un pouco máis sobre a flora e fauna do noso litoral, gozalo máis e colaborar na súa protección", engade Neira.

As redacción das guías financiouse con cargo aos fondos europeos Next Generation dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e no marco dun proxecto máis amplo de embelecemento do litoral urbano que incluíu a rehabilitación do Miradoiro de San Amaro e actuacións no Monte de San Pedro. Poden descargarse desde a páxina municipal www.coruna.gal/guiaslitoral.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión