Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xullo de 2024

O Concello publica o catálogo da exposición ‘AR+arte_terapias alternativas’, de Gosia Trebacz

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou o apoio do Goberno de Inés Rey ao tecido cultural da cidade

O Concello publica o catálogo da exposición 'AR+arte_terapias alternativas', de Gosia Trebacz. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, recibiu á artista afincada na cidade na propia exposición e comprobou de primeira man a calidade da publicación, que pasa a estar dispoñible para a cidadanía na Concellaría de Cultura e Turismo e na Sala Municipal de Exposicións de Palexco, que acolle a mostra ata o próximo 29 de xullo.

"O Goberno da nosa alcaldesa, Inés Rey, está plenamente comprometido co tecido cultural da cidade e cos seus e as súas artistas, como é o caso de Gosia Trebacz, todo un referente da arte que tamén participa e forma parte da organización de outras iniciativas municipais como Estudios Abertos", indicou Gonzalo Castro. A exposición 'AR+arte_terapias alternativas' é unha experiencia multisensorial que combina textos, fotografía, vídeo e diversas disciplinas artísticas para transmitir a esencia mesma da arte como terapia e expresión emocional. Na exposición o público pode ver un compendio de obras que actúan como testemuña viva da historia e o espírito da Fábrica de Armas, agora xa como Cidade das TIC.

O catálogo da mostra foi presentado, ademais de polo concelleiro, pola propia artista e por Miguel Anxo Fernán Vello, un dos colaboradores da exposición. Gonzalo Castro animou á cidadanía a asistir á exposición e participar na segunda visita guiada que conducirá a propia artista o vindeiro domingo 21 de xullo ás 18.30 horas. A reserva de prazas é gratuíta e pode realizarse vía telefónica no número 981 189 898 en horario de 08.30 a 14.00 horas ou presencialmente, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión