Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de novembro de 2024

O Concello rebaixará un 10% o recibo do lixo durante tres meses para compensar á cidadanía polos efectos da folga do lixo

Está previsto que a medida se poida aplicar durante o vindeiro ano 2025

O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, informou esta mañá dos asuntos máis destacados que se aprobaron hoxe na Xunta de Goberno Local, na que se deu luz verde á aprobación do proxecto de actualización da taxa polo servizo de prestación de recollida e tratamento do lixo.

Na rolda de prensa posterior á sesión deste mércores, Lage precisou que "o Goberno de Inés Rey ve xusta e necesaria esta medida para compensar as e os coruñeses tras sufrir este verán o impacto da folga, que supuxo un quebranto importante dun servizo esencial para a cidadanía e que é público, que pagamos todas e todos".

Por iso, continuou Lage, o Concello ten previsto facer efectivo un desconto do 10% na tarifa de recollida de lixo durante tres meses, a todos os cidadáns. Será no ano 2025.

O voceiro do Goberno municipal apuntou que, para poder aplicar esta actualización será necesario modificar a ordenanza, o que se elevará ao pleno da Corporación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión