28 de xuño de 2024
A alcaldesa e o presidente da entidade asinaron un convenio nominativo que ascende a 28.000 euros en total
A alcaldesa, Inés Rey, asinou no Palacio de María Pita con Xosé Ramón Girón, presidente da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas co Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES) o convenio nominativo polo que o Concello contribúe aos programas de prospección e inserción laboral das persoas que sufren estas dolencias na cidade.
Rey subliñou o compromiso do Goberno local co benestar das persoas que se enfrontan a unha situación que ata moi pouco tempo era un tabú e que tras a pandemia converteuse nun problema prioritario. "Por iso, ademáis da labor que levamos anos realizando da man de entidades locais como FEAFES e outras, puxemos en marcha o primeiro plan municipal de saúde mental, cunha folla de ruta pasa por cuatro liñas de traballo: promover o benestar emocional da poboación e previr a aparición de trastornos mentais a través da promoción da saúde; facilitar o acceso aos recursos para asegurar unha atención integral ás persoas enfermas e das súas familias; fomentar a capacitación profesional destas persoas e integrar a promoción da saúde mental no conxunto da actividade municipal", lembrou Rey.
A través desta estrutura matriz, vertebráronse máis de medio cento de medidas específicas: algunhas, xa en curso, e outras que se desenvolverán a curto, medio e longo prazo, que implican a servizos municipais como Benestar Social, Educación, Mocidade, Cultura, Emprego e Seguridade Cidadá.
10 de xullo de 2024
8 de xullo de 2024
7 de xullo de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible