15 de septiembre de 2024
A escultura, localizada na praza de Xosé Toubes, foi inaugurada no ano 2008 en homenaxe ao intelectual e referente galeguista
Os traballos serán coordinados pola restauradora Carme Romero, discípula e especialista en cerámica e idiolecto artístico de Fernández Porto
O Concello da Coruña levará a cabo a restauración do monumento a Alexandre Bóveda, localizado na praza de Xosé Toubes. As actuacións enmárcanse na aposta do Goberno de Inés Rey pola recuperación do patrimonio cultural da cidade.
A escultura foi inaugurada no ano 2008 nun acto público en homenaxe ao intelectural e referente galeguista no que participaron numerosas persoas recoñecidas do mundo da cultura galega. É obra do artista Francisco Pérez Porto, natural de Fene e colaborador en Sargadelos desde o ano 1984 con Isaac Díaz Pardo onde participaba como formador nos cursos de verán do propio taller. Entre as súas intervencións destaca a creación dos elementos sinaléticos do Camiño Francés en Galicia, de Pedrafita a Santiago. Ademais, é recoñecido pola súa recuperación e resignificación da olería tradicional buñense outorgándolle unha nova dimensión creativa.
O monumento representa unha imaxe compositiva dividida en catro alturas que simboliza a loita polos ideais galeguistas de Alexandre Bóveda. Na parte superior atópase unha muller loitadora, en representación de Galicia, e baixo ela un grupo de persoas collidos da man que mostran o conxunto dos galegos e galegas.
Na actualidade, a escultura presenta pequenas patoloxías a causa do paso do tempo e localización ao aire libre: acumulación de depósitos de po e sucidade ou presencia de liquens. Tamén outros danos como pintadas ou faltantes. A restauración, que conta cun orzamento 7.500 euros, consistirá nunha limpeza xeral da peza, mantendo a gama cromática orixinal. Tamén se reintegraran os faltantes volumétricos (mans e caras) e acondicionar a base-peana, pintándoa. Será coordinada pola restauradora Carme Romero, discípula e especialista en cerámica e idiolecto artístico do fenés.
21 de diciembre de 2024
11 de diciembre de 2024
11 de diciembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible