10 de septiembre de 2024
O Concello apoia a Fundación Rogelio Groba na organización do ciclo, que se desenvolverá ata mediados de outubro en puntos como a Fundación Luís Seoane, o Teatro Colón e o Museo de Belas Artes, entre outros
A Fundación Luís Seoane abrirá as súas portas este venres ao inicio da terceira edición do ciclo de concertos das 'Noites na Cidade Vella', unha iniciativa organizada pola Fundación Rogelio Groba que conta co apoio do Concello da Coruña e que, ata mediados de outubro, ofrecerá unha ampla programación de música de cámara, con nove actuacións abertas ao público.
Os concertos terán lugar entre esta fin de semana e o día 12 de outubro. O Ensemble Groba marcará o punto de partida este venres 13 (20.00 horas) e, xa o sábado 14, ás 20.00 horas, actuará o Trío Ravel, no auditorio da sede de Afundación. Dobrochna Banaszkiewicz, ao violín, Suzana Stefanović, ao violoncello, e Héctor Sánchez, ao piano, integran a formación.
A vindeira semana, a programación arrancará o día 19 de setembro (20.30 horas), coa actuación do trío de cordas Concerto 1700 na igrexa das Capuchinas. O sábado 21 haberá unha doble sesión na programación: a primera, co Dúo Indigo, nun concerto familiar a catro mans, no Museo de Belas Artes, ás 12.00 horas; e xa ás 20.00 horas, a igrexa de Santa Lucía acollerá un concerto da Orquestra de Cámara Galega. O mes de setembro rematará co recital de piano de Álvaro Sieira Ferreira no paraninfo do reitorado da Universidade da Coruña, na Mestranza. Será o día 26, ás 20.00 horas.
Outubro comezará cun novo recital, o que interpretará o xoves 3 (20.00 horas) Maude Gratton, de clave, na Capitanía Xeral. Xa o día 6, domingo, David Finckel e Wu Han collerán o testigo de Gratton nun novo concerto de cello, violín e piano no Teatro Colón, ás 20.00 horas.
O peche do ciclo de concertos contará novamente coa Orquestra de Cámara Galega como protagonista, que actuará o sábado 12 de outubro na Cidade Vella. Concretamente, na igrexa dos Dominicos. Será ás 20.45 horas.
Cómpre lembrar que todos os concertos serán de balde, con entrada ata completar a capacidade prevista en cada un dos recintos.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou hoxe "a importancia deste ciclo no calendario cultural da cidade", e puxo en valor a dobre vertente do programa, "que non só destaca pola súa calidade en termos musicais, senón que tamén contribúe a visibilizar o patrimonio histórico e arquitectónico da Coruña".
Na presentación desta terceira edición, que tivo lugar esta mañá no Palacio Municipal de María Pita, Castro estivo acompañado por Rogelio Groba Otero, director da Orquestra de Cámara Galega, e por Xosé Luis Penas, deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento.
Descarga aquí a programación oficial do III ciclo de concertos das Noites na Cidade Vella (1 MB)
14 de noviembre de 2024
25 de octubre de 2024
24 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible