29 de noviembre de 2024
A concelleira Diana Cabanas convidou a asistir aos actos programados no primeiro andar do mercado, onde se presentará o selo de orixe ‘Peixe da Lonxa da Coruña’ e tamén se poderán degustar rilletes de xarda e uramaki de xurelo
O Concello, en colaboración coa Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS), organiza este sábado 30 unha xornada gastronómica e divulgativa que terá lugar no primeiro andar do mercado municipal de San Agustín entre as 12.00 e as 14.00 horas.
A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, convidou a cidadanía a asistir ao evento, que será aberto ao público ata se completar a capacidade prevista. Cabanas subliñou a importancia de actos deste tipo, "que axudan a visibilizar e poñer en valor o noso produto, que é fresco e de calidade".
Neste sentido, a programación prevista este sábado en San Agustín arrincará coa presentación do selo de orixe 'Peixe da Lonxa da Coruña', unha iniciativa da FREMSS na que colabora o Concello co obxectivo de distinguir os peixes e mariscos que chegan ao porto da cidade.
Será o paso previo á sesión de degustación gastronómica que organizarán de forma conxunta o equipo de profesionais da Escola de Hostalería Álvaro Cunqueiro e da Asociación de Empresarios de Hostalería da Coruña, na que as persoas asistentes poderán desfrutar, por exemplo, de rilletes de xarda sobre tostas de pan de noces e pasas, así como de uramaki, maki e temaris de xurelo. Tamén de bocadillos quentes con ensalada de repolo e mexillóns en escabeche, entre outras receitas.
Á xornada deste sábado 30 en San Agustín está previsto que asistan tanto a concelleira Diana Cabanas como o presidente da Lonxa da Coruña, Juan Carlos Corrás.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible