Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xuño de 2024

O mercado sostible municipal chega por primeira vez ao barrio do Castrillón, con obradoiros infantís, espazos de xogo e música en directo na praza Pablo Iglesias

O evento, organizado polo Concello da Coruña, terá lugar este domingo 9. Haberá actividades para todos os públicos entre as 10.00 e 15.00 horas

O barrio do Castrillón terá esta fin de semana a súa primeira edición do mercado sostible, unha iniciativa organizada polo Concello co obxectivo de concienciar sobre a importancia de fomentar a economía circular e a compra responsable.

O Goberno de Inés Rey activou semanas atrás un plan de expansión dos mercados ecolóxicos e sostibles a máis distritos da cidade, atendendo á boa acollida destas actividades en outros puntos onde xa se estaba a desenvolver, como o Campo da Leña ou a praza da Tolerancia.

Desta forma, este domingo 9, desde as 10.00 horas, o mercado sostible municipal chegará á praza de Pablo Iglesias, cun amplo abano de propostas para todos os públicos. Desde primeira hora, e ata as 15.00 horas, habilitarase un espazo de dinamización infantil, outro para o troco de roupa e tamén se porá en marcha un photocall especial polo Día Mundial do Medio Ambiente.

Xa entre as 11.30 e 12.30 horas, as crianzas poderán participar nun obradoiro creativo, no que aprenderán a dar forma a polbiños grazas á reciclaxe de refugallo. Disporanse 15 prazas, todas elas de balde, con inscrición previa no propio mercado, a partir das 10.00 horas.

Ademais, tamén haberá tempo para gozar co concerto do grupo A3, que versionará clásicos do pop e o rock nunha actuación ao aire libre que será aberta ao público. Será a partir das 13.00 horas, en Pablo Iglesias.

O calendario de eventos e actividades, ata finais de ano

A programación dos mercados ecolóxicos e sostibles nos barrios da Coruña continuará as vindeiras semanas en enclaves como o Campo da Leña (sábado 16 de xuño) e a praza da Tolerancia, en Labañou (30 de xuño).

Cómpre lembrar que o calendario de eventos previstos ata finais de ano inclúe o desenvolvemento dos mercados no parque Europa, o Paseo das Pontes, a praza de Azcárraga, a praza de Vigo, o parque da Tirolesa de Novo Mesoiro e a praza de San Cristovo, nos Mallos.

En total, o Concello prevé organizar 26 mercados ecolóxicos ou sostibles entre os diversos barrios da cidade entre os meses de xuño e decembro. 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión