Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de mayo de 2024

O Plan municipal de saúde mental 2024-2028 da Coruña xa é unha realidade

Este mércores, a Xunta de Goberno Local aprobou definitivamente o documento, atendendo ás alegacións presentadas durante o prazo de información pública no que estivo exposto o proxecto inicial

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu este mércores a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que aprobou definitivamente do Plan municipal de saúde mental 2024-2028, un dos principais compromisos asumidos polo Goberno local de cara a este mandato, e que contempla unha folla de ruta con medio cento de medidas a curto, medio e longo prazo, que implicarán a servizos municipais como Benestar Social, Educación, Mocidade, Cultura, Emprego e Seguridade Cidadá.

A inicios de marzo, o proxecto foi exposto a información pública, "co obxectivo de dar cumprimento á normativa vixente nestes casos e tamén para atender os posibles enfoques e melloras que achegasen as e os veciños da cidade", polo que, tras a avaliación das alegacións presentadas, varias foron incorporadas ao texto do plan. Por exemplo, solicitarlle á Xunta a posta en marcha de programas de rehabilitación de pacientes con enfermidades mentais crónicas e colaborar desde o Concello no seu desenvolvemento.

Esta medida súmase ao documento definitivo do Plan municipal de saúde mental, que cobra vida con catro liñas estratéxicas: promover o benestar emocional da poboación e previr a aparición de trastornos mentais a través da promoción da saúde; en segundo lugar, facilitar o acceso aos recursos para asegurar unha atención integral ás necesidades das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias; en terceiro lugar, fomentar a capacitación profesional destas persoas; e, por último, integrar a promoción da saúde mental no conxunto da actividade municipal.

Cómpre lembrar que, toda vez se aprobou, o primeiro Plan municipal de saúde mental do Concello da Coruña será publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión