Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

31 de enero de 2024

O proxecto ‘Talentos inclusivos’ contará na súa cuarta edición coa participación de 15 centros educativos de toda Galicia

O proxecto é unha iniciativa promovida polo Centro de Investigacións en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e a asociación Aspace Coruña coa colaboración do Concello

A concelleira de Innovación, Infraestruturas e Mobilidade, Nereida Canosa, interveu esta mañá na presentación da cuarta edición do proxecto 'Talentos inclusivos', na sala Leonardo da Vinci da Domus.  A concelleira destacou o beneficio de colaborar en proxectos deste tipo: "Unha relación moi positiva e de traballo que amosa a importancia da colaboración entre Concello, Universidade e o terceiro sector". 

Durante este curso 2023/2024 os grupos de traballo seguirán a dinámica das edicións anteriores, desenvolvendo os retos propostos por ASPACE Coruña, así como os de Amencer-ASPACE e APAMP, que este ano se suman á iniciativa, ofrecendo solucións para algúns problemas que se atopan as persoas con parálise cerebral. Para iso contarán co apoio do persoal investigador do CITIC. Canosa sinalou que o bo uso das TIC é fundamental para mellorar a calidade de vida das persoas: "Se algo teño aprendido nestes últimos meses é a importancia que ten que a tecnoloxía sexa unha ferramenta ao servizo da cidadanía", indicou, e recordou a aposta realizada desde o Goberno de Inés Rey por poñer as novas tecnoloxías ao servizo da cidadanía nos máis diversos ámbitos.

A concelleira explicou que a intelixencia artificial estase a converter nun grande impulso para a sanidade e a investigación biomédica grazas ao traballo dos equipos docentes e investigadores coma o CITIC. "'Talentos inclusivos' vai un paso máis alá, realizando un proceso conxunto con usuarios e investigadores" concluíu. Nas tres edicións previas máis de 300 alumnos pertencentes a once centros educativos da cidade participaron nos proxectos e actividades formuladas.

O proxecto é unha iniciativa promovida polo Centro de Investigacións en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e a asociación Aspace Coruña, que conta coa colaboración do Concello da Coruña e o apoio do Consello Social da Universidade da Coruña, a Fundación para a Tecnoloxía e a Tecnoloxía da Ciencia (FECYT) e a Consellería de Educación. Tamén interviron Manuel Francisco González Penedo, director do Centro de Investigacións en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC); Mª del Carmen Barreiro Santos, presidenta de ASPACE Coruña; Inma Aguilar Nácher, directora xeral da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía; Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia; Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social da UDC; e Ricardo Cao Abad, reitor da Universidade da Coruña.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión