4 de agosto de 2024
O madrileño actuará ás 22.00 horas na Praza de María Pita
Omar Montes chegá ás festas de María Pita mañá, luns 5 de agosto. O concerto terá lugar ás 22.00 horas na Praza de María Pita e forma parte do amplo programa festivo deseñado polo Goberno de Inés Rey para os meses de verán.
O madrileño, que conta con máis de 10 millóns de oíntes mensuais en Spotify, interpretará os seus grandes éxitos como 'El conjuntito', 'Alocao', 'El Pantalón' ou 'Yotuloko'. Poralle ritmo a unha semana chea de música en toda a cidade coa chegada do Festival Pop Rock Noroeste Estrella Galicia.
Omar Montes é un dos creadores da vangarda urbana en España e un dos artistas españois de máis éxito dos últimos anos. Continuou coa tradición de fusionar o flamenco con ritmos afroamericanos e converténdose nun dos máximos expoñentes do novo "flamenco urbano" fusionando trap, hip hop, EDM, reggae e reggaeton con flamenco.
Noites de María Pita
Servizo especial de transporte
Como é habitual, o Concello activará desde este xoves 1 de agosto un dispositivo especial de mobilidade de cara ás Festas de María Pita. Un servizo que entrará que implicará un reforzo nas liñas de autobús operativas á finalización dos concertos. O obxectivo e favorecer o desprazamento dos cidadáns aos concertos que se celebrarán na praza de María Pita desde mañá.
Este dispositivo, con saídas centralizadas desde Porta Real, estará habilitado os días de concertos de Noites en María Pita, entre o 1 e o 14 de agosto, sempre a partir das 23.30 horas agás o martes 6, cando se disporá dito reforzo a partir das 1.30 horas, á conclusión do evento 'Locos Coruña'. As liñas nas que está previsto un reforzo do servizo son as seguintes:
Ademais, todos os días, e xa a partir das 1.30 horas, estará en funcionamento o servizo nocturno de autobús no sentido de circulación habitual: Labañou - Rolda de Outeiro - O Birloque - Novo Mesoiro.
19 de octubre de 2024
18 de octubre de 2024
10 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible