23 de maio de 2024
Publicadas as listaxes provisionais das persoas admitidas no proxecto Acoreuropa XII
Xa están dispoñibles na web municipal as listaxes provisionais do programa Acoreuropa, un proxecto co que o Goberno de Inés Rey apoia a realización de prácticas en empresas de países europeos para alumnado de Formación Profesional de centros educativos públicos da cidade. O prazo de alegacións finaliza o 6 de xuño.
O proxecto conta cun orzamento total de total de 50.448 euros, sendo a aportación municipal de 31.198 euros. O resto está financiado polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE).
Na presente edición os bolseiros e bolseiras son 11 persoas, tituladas entre decembro de 2023 e xuño de 2024, nalgún dos ciclos formativos de grao superior impartidos nos 9 centros públicos asociados ao programa: CIFP Ánxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, CIFP Escola de Imaxe, IES A Sardiñeira, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal e IES Urbano Lugrís. Os graos formativos que realizaron son moi diversos: desde educación infantil a comercio internacional pasando por animación en 3D ou dietética.
As persoas adjudicatarias da bolsa poderán realizar as prácticas do 12 setembro ao 10 decembro de 2024 en seis ciudades europeas: Gzira (Malta), Praga (Rpca Checa), Lisboa (Portugal), Padua (Italia), Cracovia (Polonia) o Viena (Austria).
O programa inclúe os servizos seguintes para cada persoa participante:
O programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa vense desenvolvendo dende o ano 2012 (agás en 2021, pola pandemia do Covid), realizando estadías de 3 meses de duración en diversos países europeos, nas que participaron 248 titulados/as de FP, dos que 156 foron de grao medio e 81 de grao superior.
14 de xuño de 2024
31 de maio de 2024
18 de maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible