Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de novembro de 2024

Os activistas Sindy Takanashi e Jesús Moreno danse cita mañá na Coruña polo 25N

A charla, sobre a iniciación á sexualidade, será este venres 22 de novembro ás 19.00 horas, na Fundación Paideia, con entrada gratuíta

No marco da programación organizada polo Concello da Coruña con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, baixo o lema #NonHaiEscusas, o Goberno de Inés Rey presentou unha serie de actividades divulgativas e de concienciación sobre as diferentes formas de violencia machista.

Os activistas Sindy Takanashi e Jesús Moreno ofrecerán unha charla sobre a iniciación á sexualidade mañá, venres 22 de novembro, ás 19.00 horas, na Fundación Paideia con entrada gratuíta ata completar aforo.

A actividade busca abrir un espazo de reflexión sobre a importancia dunha educación sexual respectuosa e informada como ferramenta fundamental para previr relacións baseadas no abuso ou na desigualdade. 

Sindy Takanashi é creadora de contido e activista, recoñecida polo seu traballo en redes sociais onde aborda, dun xeito divulgativo, cuestións como a educación afectivo-sexual, a igualdade e a saúde mental. Estará acompañada por Jesús Moreno, tamén activista e divulgador especializado en temas de sexualidade e relacións persoais, cun enfoque feminista e interseccional.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión