22 de outubro de 2024
A literata de orixe rumano é a galardoada este ano co Premio Princesa de Asturias, un dos recoñecementos internacionais máis importantes
Unha delegación de 60 coruñeses e coruñesas dos Clubs de Lectura viaxaron este luns, 21 de outubro, a Gijón/Xixón, en Asturias, para manter un encontro coa escritora Ana Blandiana. A literata, de orixe rumano, é a galardoada este ano co Premio Princesa de Asturias, un dos recoñecementos internacionais máis importantes.
A rede de Bibliotecas Municipais da Coruña foi convidada pola Fundación Princesa de Asturias como parte da axenda de actividades culturais organizados na semana dos premios, xunto con persoas membro dos clubs de lectura de Bibliotecas Públicas de toda España. "É un orgullo que unha institución de referencia como é a Fundación Princesa de Asturias recoñeza as nosas bibliotecas públicas convidándonos cada ano a formar parte da celebración" sinalou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
26 de agosto de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible