31 de maio de 2023
As entradas previamente adquiridas serán válidas para ámbalas dúas novas datas. Aquelas personas que non podan asistir ás novas datas poderán solicitar a devolución do importe das entradas dirixíndose á canle pola que adquiriron os pases, antes do 19 de xuño
Os concertos de Joaquín Sabina previstos no Coliseum da Coruña este venres 2 e o domingo 4 de xuño posporanse ata mediados de xullo por problemas de saúde do artista.
Sabina presenta un cadro gripal agudo de larinxite e afonía que lle obriga a manter repouso domiciliario por un período de entre cinco e sete días, polo que as actuacións programadas para esta semana, no contexto da xira 'Contra todo pronóstico' do cantautor andaluz, terán lugar o venres 14 e o domingo 16 do vindeiro mes de xullo.
As entradas previamente adquiridas son válidas para as novas datas. Neste sentido, os pases para o concerto do venres 2 de xuño serán válidas para o 14 de xullo, e as entradas correspondentes para a actuación prevista inicialmente este domingo 4 de xuño terán validez para o domingo 16 de xullo.
Aquelas personas que non podan asistir ás novas datas poderán solicitar a devolución do importe das entradas dirixíndose á canle pola que adquiriron as entradas, antes do 19 de xuño.
14 de novembro de 2024
25 de outubro de 2024
24 de outubro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible