Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de junio de 2024

A programación de actividades estivais inclúe sesións diarias no planetario, exposicións interactivas e obradoiros e monólogos no Aquarium

Os Museos Científicos Coruñeses estenderán o seu horario de apertura nos meses de xullo e agosto, cunha ampla oferta de actividades divulgativas

Este luns 1 de xullo farase efectivo o cambio de horario da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, que abrirán as súas portas de 10.00 a 20.00 horas ata o 31 de agosto

Co inicio da tempada estival, os Museos Científicos Coruñeses estenden o seu horario de apertura durante os vindeiros dous meses. Será a partir deste luns 1 de xullo. Desta forma, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae estarán abertos á cidadanía de 10.00 a 20.00 horas, ata o 31 de agosto.

Cómpre lembrar, en todo caso, que o acceso ao Aquarium Finisterrae pecharase ás 19.00 horas e, no caso da Casa das Ciencias e a Domus, ás 19.30 horas.

Ademais, tamén durante a tempada estival, o Concello ten prevista unha ampla programación de actividades divulgativas e de ocio nos tres museos, ideadas para todos os públicos.

Na Casa das Ciencias, ademais das exposicións interactivas habilitadas no interior, tamén haberá cinco sesións diarias no planetario: "Polaris" (11.30 horas), "Lévame á Lúa" (13.00), "Hazelnuts" (17.00), "Directo" (18.00) e "Biosfera oscura" (19.00). Ademais, entre os días 9 e 14 de agosto, todas as quendas do planetario incluirán unha explicación sobre como ver a choiva de estrelas das Perseidas.

Por outra parte, a Domus abrirá as súas portas a múltiples experiencias interactivas, coas exposicións "Bocados", sobre nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), "Xogo de neuronas" sobre a mente e intelixencia humana e "Homínidos e homínidas", sobre as orixes humanas e a evolución dos trazos que nos identifican.

Máis alá dos seus contidos habituais, no Aquarium Finisterrae haberá actividades e obradoiros sen necesidade de inscrición e sen custo adicional á entrada ao museo:

  • Alimentación no Nautilus: o público pode observar a alimentación dos habitantes do Nautilus, entre os que se inclúen diferentes especies de tiburóns coma o touro e as musolas. Todos os luns, mércores e venres ás 11.30 horas.
  • Alimentación de focas: unha actividade na que o público pode contemplar a rutina da alimentación das focas do Aquarium a cargo dos seus coidadores. Todos os días ás 12.00 e ás 17.00 horas.
  • Monólogos no Aquarium: charlas breves, duns 10 minutos, sobre a bioloxía e curiosidades dalgunhas das especies máis populares do Aquarium (polbos, cabaliños de mar, cágados, medusas...), ofrecidas polo persoal de atención ao público. Todos os días ás 13.00 e 18.00 horas.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, convidou a cidadanía a visitar os Museos Científicos Coruñeses e a participar nas actividades previstas. "A programación ideada polo equipo de profesionais dos Museos está ideada para todos os públicos", e busca espertar o interese tanto das crianzas coma dos adultos nas ciencias, o medio ambiente e a tecnoloxía, "facilitándolle tamén unha ferramenta de ocio ás familias durante a tempada de vacacións, unha medida que o Goberno de Inés Rey quere seguir reforzando".

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión